Por terceiro ano consecutivo inícianse traballos arqueolóxicos no xacemento do Paleolítico Antigo d’O Cabrón (Concello de Arbo). Este xacemento é o máis antigo dos coñecidos en Galicia, podéndose remontar máis aló dos 300.000 anos de antigüidade, e o que presenta unhas mellores condicións de conservación. Durante uns 10 días, un grupo de arqueólogos colaboradores da sección de Etnografía e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), baixo a dirección de Eduardo Méndez Quintas, realizarán traballos de escavación nos diferentes niveis de ocupación deste xacemento.