A vida en Palestina máis alá da violencia, da pobreza, dos foguetes nas rúas … existe. Aínda que acotío os relatos en imaxes, escritos e sons a ocultan ou restrinxen a cadáveres, orfos , viúvas e viúvos. A visita á Aula de Cultura Ponte de Rosas do profesor da Universidade An‐Najah (Nablus-Palestina) Moncho Iglesias Míguez, permitiu a un centenar de veciños achegarse de primeira man a ese mundo descoñecido para a maioría de nós.