O vindeiro mércores 13 terá lugar a saída nocturna para visitar os petróglifos de Auga da Laxe, na parroquia de Vincios, Gondomar. Dentro dese complexo de arte rupestre teremos a posibilidade de observar a “Pedra das Procesións”, un dos paneis da arte rupestre galega máis importantes. A mesma contén unhas trinta representacións de armas que comprenden alabardas, puñais, espadas e escutiformes nunha superficie inclinada de 10 x 5 metros, o máis grande dos coñecidos no continente europeo.