“
Has albiscar, amigo lector, ao rematar este limiar, a vibrante e aflixida voz do artista baionés Caíno Vasconcellos”, así comeza a presentación que o mozo poeta Anxo Ratel fai de As portas ausentes, o primeiro poemario de Caino. Ao longo de 127 páxinas, os versos e debuxos de Caino crean un universo onde a exquisita sensibilidade que o autor nos ten acostumados atopar na súa pintura, agora se amosa na obra poética.As portas ausentes, vaia presentarse o próximo xoves 28 de abril ás 20:30 horas na Capitanía Marítiama de Baiona (Elduayen, 20). O poemario está editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Letras da Groba. No acto intervirán ademais do autor, o director do IEM, Carlos Méixome, e o poeta Anxo Ratel ademais de varios veciños e veciñas de Baiona que recitan textos do libro de Caino Vasconcellos.