Ante un número importante de veciños de Nigrán presentouse o libro “Actas do Congreso”, Emigración e Educación (1900-1936), I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Val Miñor (1909-2009) no salón de Plenos do Concello. O acto estivo presidido polo alcalde Alberto Valverde e contou coa presenza da concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, o director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome, e Xosé Manuel Malheiro, profesor de Historia de Educación da Universidade da Coruña e coordinador da obra.