A concellaría de Cultura de Nigrán e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan á presentación pública do libro Actas do Congreso Emigración e Educación (1930-1936) . I Centenario das Escolas da Unión Hispano-AmericanaValle Miñor (1909-2009) que terá lugar o próximo venres 1 de xullo no Salón de Plenos do Concello de Nigrán e no que estarán presentes Liliana Silva Pequeno, concelleira de Cultura de Nigrán, Xosé Manuel Malheiro, profesor de Historia da Educación da U. da Coruña e coordinador da publicación que fará unha descrición da publicación e resaltará a importancia das Escolas Pro Valle Miñor ; o director do IEM Carlos Méixome lembrará as figuras dos persoeiros vinculados á posta en marcha das escolas: o nigranés Manuel Lemos, o gondomareño Manuel Losada e o primeiro director das Escolas Eladio Ferreiro. Pechará o acto o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.