Este venres 23 de setembro a partir das 16 horas terá lugar unha nova xornada divulgativa organizada polo Grupo de Acción Costeira 7. Nesta ocasión os relatorios estarán a cargo de diversos especialistas na conservación de especies mariñas, achegados dende distintos puntos da península . Entre as palestras anunciadas atópase “A situación das especies mariñas ameazadas en Galicia” a cargo do biólogo Alfredo López Fernández(IEM) en representación da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).