Pica aquí e visita o blog cos programas e crónicas das Xeiras 2010.
Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns este ano, no que celebramos o noso décimo aniversario, por noveno ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.