Os estudos sobre a represión franquista na provincia de Pontevedra teñen avanzado considerablemente nos últimos anos. Aínda así en moitos concellos non se avanzou moito máis que no baleirado de rexistros civís, causas militares e outra documentación Botar unha ollada ao traballo realizado, reflexionar sobre o mesmo, e esbozar novas liñas de investigación (desaparecidos, detencións non documentadas, iniciativas xurídicas, relación supracomarcal entre as organizacións obreiras e agrarias, conexións para a organización da resistencia, planeamento da represión, etc …) son os obxectivos destas xornadas sobre os estudos da represión do primeiro franquismo na provincia de Pontevedra, organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos na súa sede da Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)