A cárcere de Saturrarán en Mutriku, estivo operativa entre os anos 1937 e 1944. Por ela pasaron dous mil mulleres de entre 16 e 80 anos, moitas delas cos seus fillos. As penurias e torturas polas que atravesaron foron silenciadas tanto en ditadura como na democracia. A derriba dos edificios da cárcere en 1987 foi un símbolo dese manto de silencio que os directores vascos, Txaber Larreategi e Josu Martinez decidiron levantar co seu documental “Prohibido recordar. Cárcere de Saturrarán (1937 – 1944)”. O filme foi presentado o pasado venres 2 de marzo por Larreategi na aula de Cultura Ponte de Rosas, no marco do ciclo “Mulleres na Historia”.