O día xoves 22 de maio ás 20:30 horas a Aula de Cultura Ponte de Rosas recibe unha nova mostra: “CINZAS” do artista Ramón Trigo. No acto contarase coa presenza do autor da mostra e uña intervención do músico Alfredo Dourado.
Ramón Trigo (Vigo, 1965) alterna os seus traballos como ilustrador e autor de bandas deseñadas coa pintura e a escultura. A súa obra ten sido exposta en diversas galerías e espazos culturais así como obxecto de múltiples galardóns. Entre eles o l Premio Cómic da Deputación de Cuenca , o Premio Álbum Ilustrador Cabildo de Gran Canaria(2007), o V Certame Internacional Albúm Infantil Ilustrado Cidade de Alicante e no 2012 o prestixioso Premio Lazarillo outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura.