Cociñar, tarefa ardua á vez que gozosa esixe un espírito creativo que non sempre conta coa axuda das musas inspiradoras. A veciña e profesora miñorá, Raquel Vergara, achéganos unha deliciosa páxina dixital onde podemos atopar, case de xeito diario, receitas que iluminan o xantar cotián. A través de Receitas para todos os días, libéranos do estrés que enfrontamos á hora de definir “que comemos hoxe?”.