Na tardiña de onte, os veciños de Gondomar solicitaban a través dos medios de comunicación que todo aquel que puidese colaborar coa achega de flores para a ornamentación do Corpus o fixese. Aparentemente, as abondosas choivas deste ano deixaron a súa pegada nos cultivos florais e por conseguinte a materia prima é pouca para dar cor ás tradicionais alfombras que cobren as rúas das inmediacións da igrexa de San Bieto na procesión do Corpus. Unha celebración que ten unha significación especial para a vila e todo o concello, máis alá do seu contexto relixioso.