O próximo venres 11 de maio, ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación dos números 23-24 da Revista de Historia Murguía que encetará unha nova xeira. Para falarnos destes anos de andaina e dos novos proxectos da Revista de Historia Murguía estará con nós o seu director Uxio-Breogán Diéguez Cequiel.