A TERTULIA co profesor Ricardo Beiras García-Sabell, permitiunos informar e reflexionar sobre os diversos desafíos a que se ve enfrontada a rica biodiversidade das Rías Baixas. Contestando á pregunta que centrou o faladoiro “Están as Rías Baixas moi contaminadas?, o especialista que dirixe a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, percorreu os principais episodios que comprometeron e que seguen a por e perigo este enclave vital de Galicia. Compartimos o audio completo da súa exposición.