Abrimos inscricións para participar da Ruta Marítima do IEM Baiona – Costa da Suavela a desenvolverse o vindeiro mércores 20 de agosto, con saída ás 21:15 horas. A ruta contará coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, centrada nos postos de vixilancia, fachos, sentinelas e demais espazos que dende a antigüidade xogaron un papel estratéxico na defensa da costa galega.