En colaboración coa Comunidade de Montes de Couso temos elaborado un roteiro e un folleto explicativo sobre os Muíños desta parroquia de Gondomar.
O texto e as imaxes son do compañeiro Xilberte Manso de la Torre, que xunto a Xosé Antón Araúxo foron os guías deste percorrido durante a súa inauguración o pasado domingo 17 de outubro.