O IEM e SOS Groba, ven de presentar un recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, contra RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 16 de decembro de 2011, relativa ao proxecto do Parque Eólico Albariño I, nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra), promovido por Eurovento, S.L.U
40 organizacións ecoloxistas, de defensa do patrimonio cultural e veciñais, vimos de presentar de maneira conxunta alegacións á Proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia, elaborada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A citada Proposta estivo aberta á participación pública até o pasado sábado, día 17 de marzo.