Un intre escoitando a Sés é suficiente para deixar coa boca aberta a calquera. A potencia da voz sumada á fondura das conviccións transmiten algo especial na súa arte: credibilidade. Pouco tempo estivo sentada durante o faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, tan só o suficiente para que Bieto Legaspi a presentara como “A muller roqueira con alma de pandereteira” e fixera un resumo da súa traxectoria. Escolma na que o presentador non ocultara o feitizo que a voz desta moza de A Coruña provocoulle a primeira vez que a escoitou e que o fixo percorrer media Galicia na procura do seu primeiro disco.