Se no carné de identidade tivese que incluír a súa profesión non dubidaría en colocar: “debuxante de banda deseñada”. Esa é a identidade, que por riba de calquera das outras define a Miguelanxo Prado, segundo o confesou durante a TERTULIA do IEM celebrada este venres 1 de febreiro e da que foi o protagonista. Neste eido, afirmou descubrir aos 18 anos a sintaxe perfecta cara as súas dúas paixóns: imaxe e narrativa. Dende alí en diante naceu a súa prolífica carreira artística da que deu conta con innumerables anécdotas e debuxos que dende unha pantalla ilustraban os diversos momentos da súa obra.