O vindeiro venres 13 de decembro ás 20:30 horas terá lugar unha nova TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación da cantautora Sés. O noso compañeiro Bieto Legaspi Villamarín estará a cargo da presentación do acto. Despois do faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, terá lugar unha cea coa convidada no Pazo da Escola de Mañufe para a que se debe reservar lugar no teléfono 986360575, ou no correo electrónico oficina@minhor.org ata o vindeiro xoves 12 pola noite.
Comunicamos que felizmente terá lugar a celebración da TERTULIA do IEM co historiador Xusto Beramendi. A mesma desenvolverase o vindeiro venres 25 de outubro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, Nº 10, baixo, Gondomar).
Este 13ª ciclo consecutivo dará comezo o próximo venres 11 de outubro. Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a maio, e comezarán ás 20:30h. Terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).