Nun acto marcado no emotivo pola poesía e as palabras da escritora Conchita Álvarez Lebredo e no espectáculo artístico pola obra de Victoriano Taibo, desenvolveuse a entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Rodeada por familiares, amigos e máis a presenza dun público que encheu as instalacións da Escola de Guillufe, Álvarez Lebredo, gañadora do certame, recibiu 3.000 euros en metálico aportados pola ELM, unha escultura do artista plástico Fino Lorenzo, e a impresión da súa obra galardoada Distancias e Simetrías, nunha edición de 500 exemplares ao coidado do Instituto de Estudos Miñoranos.