Estamos a recibir os primeiros poemarios que participarán do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Unha vez máis, o certame outorgará ao gañador un premio en metálico de 3 mil euros, unha escultura do plástico miñorano Fino Lorenzo, e a publicación da obra editada polo Instituto de Estudos Miñoranos. O prazo de entrega dos traballos remata o vindeiro 31 de xullo.