Música, teatro e poesía tecerán unha gala cultural que lle dará marco á entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns á gañadora desta edición Conchita Álvarez Lebredo, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Distancias e Simetrías, que se presentará neste acto. A cerimonia terá lugar o vindeiro sábado 17 de novembro a partir das 19:30 horas, nas instalacións da Escola de Guillufe. A guionista Araceli Gonda será a encargada de dirixir a velada.