{jathumbnail off}
O derradeiro día do ano foino tamén para unha persoa entrañable, estreitamente ligada ao IEM e, nomeadamente, ao premio de poesía Victoriano Taibo: o seu xenro.
Con motivo destas datas de Nadal compartimos cos todos os amigos do IEM esta Armonía do Nadal composta polo mestre de Morgadáns Victoriano Taibo no ano 1955. Conta o noso compañeiro Miguel Anxo Mouriño que Taibo participou no costume de enviar felicitacións de Nadal con tarxetas, dípticos ou opúsculos de autoría propia, co apoio doutros artistas amigos. Estas felicitacións chamáronse xenericamente nadais.
O compañeiro do Instituto de Estudos Miñoranos, Antonio Valverde Alonso, máis coñecido, no Val, como Juan, fainos chegar este poema manuscrito de Victoriano Taibo. Ignacio Novás Piñas, fillo de Juan Novás Guillán a quen Taibo dedicou esta “Lembranza da tecedeira” agasallou a Juan, ou Antonio, con esta xoia. O poema está asinado en Morgadáns o 15 de setembro de 1947. Foi publicado, co mesmo título, na revista Sonata Gallega II, no número extraordinario de 1949. en páxina non numerada. Posteriormente, en 1968, na revista El Museo de Pontevedra, nº 22, 1968, páxinas 127-130, co título lixeiramente alterado: “Lembranzas da Tecedeira”.
O 15 de outubro do 1948 tiña lugar a recepción de Victoriano Taibo como Académico Numerario da Real Academia Galega. Daquela, con 63 años, muller, dous fillos e 30 anos como mestre presentábase ante os académicos para ler o seu discurso Rosalía de Castro precursora da fala. En fronte, Otero Pedrayo , caderno en man, tomaba nota para responder en nome da academia. A seu carón, Manuel Casás Fernández, presidente da RAG custodiaba as insignias que tras os discursos impoñería a Taibo para formalizar o seu ingreso
O próximo 30 de xullo de 2010 remata o prazo de presentación de orixinais para o
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos.
O próximo 30 de xullo de 2010 remata o prazo de presentación de orixinais para oIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III …