O noso veciño de Morgadáns, Santiago Márquez Pérez, amigo e activo colaborador do IEM, achegounos dende a Patagonia arxentina, a súa actual morada, un vídeo onde manifesta o seu amor e respecto pola súa lingua galega. O mesmo foi elaborado no marco da campaña “Vitaminas para o galego”, artellada polos medios de prensa que desenvolven a súa actividade de comunicación na nosa lingua.