O informe provisional do Relator da ONU, Pablo Greiff trala súa visita a Galicia en xaneiro, así como o reclamo do mesmo organismo –por 4ª vez – ao Estado español para que cumpra coas diferentes lexislacións que en materia de dereitos humanos ten asinadas, reflicten o estado marxinal na que se atopa a problemáticas das vítimas do franquismo e a impunidade dos crimes dese réxime. As xornadas provinciais de Memoria Histórica organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos no 2009, deixaron en evidencia que arestora emprender unha investigación na procura de información para esclarecer o acontecido así como calquera intento de desenvolver exhumacións de fosas enfronta innumerables pegas por parte das administracións públicas.
Foi nos días tristísimos de dor e de miseria
en que sopraba un vento de loito rigoroso
e a animalia afiaba na tobeira coitelos
para os ollos dos orfos {jathumbnail off}
Como tódolos anos dende o 2005, tivo lugar unha homenaxe na Volta dos Nove organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e familiares das vítimas. Ao redor do monumento do escultor Fernando Casás, que lembra aos nove miñoranos asasinados en Baiona na madrugada do 15 de outubro de 1936 pola represión franquista, un centenar de persoas asistiron baixo unha intensa choiva, nun acto de “memoria e dignidade”, en palabras do historiador Carlos Méixome (IEM), quen fixo unha breve oratoria previa ás ofrendas florais.
O vindeiro domingo 14 de outubro, ás 13 horas, volveremos reunirnos en torno al monumento “Volta dos Nove”, na curva da Bombardeira (Baredo – Baiona). Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembraremos a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona – Camposancos. Como parte da conmemoración deste 76 cabodano, días atrás, familiares e membros do IEM replantaron 45 loureiros na zona do monumento, en substitución dos orixinais afectados polas inclemencias do tempo.
Amigas e amigos do IEM:
Na madrugada do vindeiro 15 de outubro cumprirase o 76 cabodano do tráxico asasinato dos 9 veciños do Val Miñor na estrada Baiona – Camposancos, á altura do quilómetro 58 da Bombardeira (Baredo), hoxe coñecida como a “Volta dos Nove”. Como tódolos anos, familiares dos asasinados e o Instituto de Estudos Miñoranos, desenvolverán unha sinxela homenaxe que terá lugar o día domingo 14 de outubro ás 13 horas.
Achegamos o texto da conferencia Baiona 1936 ofrecida polo historiador Carlos Méixome no peche do ciclo 75 anos despois , organizado pola Comisión Volta dos 9 e o IEM.Para baixar o texto pique aquí.
Mañá sábado ás 20h na Capitanía de Baiona (r/ Elduayen 20, 1º andar) pecharase o ciclo de presentacións de libro e conferencias “75 anos despois” cunha conferencia do director do Instituto de Estudos Miñoranos, profesor e historiador, Carlos Méixome Quinteiro na que realizará unha primeira achega aos feitos acontecidos na vila de Baiona a partir do 20 de xullo de 1936, data da declaración do Estado de Guerra en Vigo, ata o 24 de xullo, día no que as tropas sublevadas entraron na vila de Baiona.
{youtube width=”250″ height=”200″}iD7JYgm7pKc{/youtube} Compartimos un anaco da intervención do historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) durante a presentación do libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) de Dionisio Pereira González. Na mesma fai un breve e …