O ceramista Miguel Vázquez contounos que decidiu xogar coa terra e o plástico alá polo ano 1999. Dous elementos que ao seu entender conxugan pasado e presente dos materias cos que o ser humano valeuse para crear e construír a súa historia. Desa combinación naceu anos despois WORK IN PROGRESS, unha construción-instalación plástica que inaugurouse o pasado venres 30 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.