O vindeiro sábado 30 de xullo o Instituto de Estudos Miñoranos xunto co Concello de Arbo organizan unha xornada de portas abertas na finca O Cabrón (mapa). Os visitantes poderán contemplar de primeira man os traballos que nese achado do Paleolítico Inferior está a desenvolver a Sección Arqueolóxica do IEM. A visita é para todo público e se poderá realizar en dúas quendas: as 11:30 e 18:30, contando as mesmas coa guía do equipo de traballo.
O alcalde de Arbo, Xavier Simón, e o director do IEM, Carlos Méixome, asinaron esta mañá, no salón de plenos da casa do concello de Arbo, un convenio de colaboración para iniciar unha segunda fase de escavación e investigación do importante xacemento paleolítico situado na finca d´O Cabrón, no concello de Arbo, así como realizar unha serie de actividades de divulgación dos resultados.
{youtube width=”250″ height=”200″}GRGD4zHkaRk{/youtube}
Nunha reunión mantida entre Eduardo Méndez Quintas, director da Sección de Xeografía , Historia, Arqueoloxía e Etnografía do Instituto de Estudos Miñoranos e o Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Eugenio Rodríguez Puentes, este comprometeuse a achegar os fondos necesarios para comezar os estudos de datación do xacemento do Paleolítico Inferior da finca “O Cabrón”, no concello de Arbo.
{youtube width=”200″ height=”160″}keTMCM4Dh-Y{/youtube}
O arqueólogo Dr. Manuel Santonja Gómez opinou que o xacemento O Cabrón será “un hito” do coñecemento do Paleolítico Inferior en Galicia e o Norte da Península Ibérica. O experto visitou onte a escavación acompañado polo director do IEM Carlos Méixome, o director do proxecto, o arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM), o director dos traballo de campo Eduardo Méndez Quintas (IEM), e parte do equipo de traballo da Sección de Arqueoloxía.
Nos traballos de hoxe no xacemento de O Cabrón (Concello de Arbo), do Paleolítico Inferior, atopáronse novas pezas.
As escavacións no xacemento de O Cabrón, Concello de Arbo, achegaron ata o de agora máis de noventa pezas atopadas nunha área de nove metros cadrados. Entre os obxectos cóntanse núcleos, lascas de cuarcita de diferentes tamaños, así como bifaces en perfecto estado de conservación.
Xa comezaron os traballos arqueolóxicos na estación arqueolóxica de O Cabrón, no Concello de Arbo. Entre as viñas que dominan a paisaxe, o primeiro “choio” foi limpar o eido onde comezará a escavación para descubrir os perfiles que permitirán analizar a estratigrafía do lugar.