O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto de Xardín Desordenado dentro do periplo que este grupo está levando a cabo para promocionar a súa última gravación.
O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto de Xardín Desordenado no que presentarán a súa última gravación coa fin de promover a poesía galega. Neste último disco recóllense dezaseis poemas musicados, que, pola variedade xeracional e estilística, pode constituír unha mostraxe significativa dos poetas contemporáneos. O concerto de presentación deste disco terá lugar o venres 23 de marzo ás 20:30h. no Auditorio “Lois Tobío” de Gondomar.
Coincidindo coa inauguración (10 de setembro de 2010) da exposición “MATERIAL METÁFORA” terá lugar a presentación do libro Cántico dos topónimos esdrúxulos de PEPE CÁCCAMO, editado por Espiral Maior nunha edición limitada de 100 exemplares con ilustracións do autor.