O vindeiro venres 9 de maio ás 20:30 horas, recibiremos nunha nova TERTULIA do IEM, ao enxeñeiro Fernando Aguado Agelet, coordinador do Proxecto aeroespacial Xatcobeo. No faladoiro, compartirá a súa experiencia ao fronte deste traballo desenvolvido en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. A presentación da TERTULIA estará a cargo de Xosé Antonio Vilán Vilán. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).