O vindeiro mércores 13 terá lugar a saída nocturna para visitar os petróglifos de Auga da Laxe, na parroquia de Vincios, Gondomar. Dentro dese complexo de arte rupestre teremos a posibilidade de observar a “Pedra das Procesións”, un dos paneis da arte rupestre galega máis importantes. A mesma contén unhas trinta representacións de armas que comprenden alabardas, puñais, espadas e escutiformes nunha superficie inclinada de 10 x 5 metros, o máis grande dos coñecidos no continente europeo.
{youtube width=”250″ height=”200″}ZhTKXg65IL4{/youtube}
Nin a choiva nin a néboa impediron a visita nocturna ao Eco Parque do Monte Tetón o pasado venres. A Xeira comezou sobre as 22 horas na Casa do Consello de Tomiño cunha charla sobre arte Paleolítico a cargo de Eduardo Méndez, director da Sección Arqueolóxica do IEM. Sobre as 23 un grupo dunhas 30 persoas participou dunha percorrida guiada polo propio Eduardo a través dos petróglifos do Tetón. Arte abstracta e figurativa, muíños fixos , coviñas, e outras figuras que compoñen un dos paneis de arte rupestre máis grande do sur galego foron amosadas e contextualizadas polo guía.
{youtube width=”250″ height=”200″}CdKgO1s_MV8{/youtube}
Estamos aínda chegando. O corpo pide repouso é a roupa cheira a fentos e toxos. O equipo das Xeira do IEM acaba de rematar a súa primeira andaína que levou a decenas de persoas polas terras de Prado en Morgadáns (Gondomar) ata o Galiñeiro. A tarde acompañou deixando mirar a paisaxe en todo o seu esplendor. A riqueza natural, cultural, etnográfica e arqueolóxica deste anaco do Val Miñor novamente amosou a súa xenerosidade e riqueza, abraiando aos camiñantes que contaron coa guía do director das Xeiras do IEM, Xosé Ramón García e do director da Sección Arqueolóxica, Eduardo Méndez.De Prado ao Galiñeiro será a primeira das xeiras da tempada do verán 2011, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos. A saída será o vindeiro mércores 6 de xullo ás 17:30 dende a sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, nº 10 Baixo, Gondomar).