O vindeiro mércores 27 de agosto terá lugar unha das clásicas Xeira do IEM: pola Fraga de Oliveira. O punto de encontro será ás 17:30 horas na Praza de Abastos de Sabarís. Trátase dun percorrido cunha guía multidisciplinar a cargo de Xilberte Manso, Anxo Rodríguez Lemos e Xosé Ramón García. A ruta ten unha dificultade medio-alta sendo necesario levar pantalóns largos e calzado para cambiar pois algúns dos tramos implica atravesar regatos, que aínda que ten un caudal pequeno, o calzado vai mollarse. A actividade non require inscrición previa.
En colaboración coa Comunidade de Montes de Couso temos elaborado un roteiro e un folleto explicativo sobre os Muíños desta parroquia de Gondomar.O texto e as imaxes son do compañeiro Xilberte Manso de la Torre, que xunto a Xosé Antón …
O próximo venres 17 de setembro, ás 21h. na antiga Escola Aguasantas, no Concello de Cotobade, Xosé Lois Viar (IEM), dará unha charla sobre arte rupestre en Galicia. Posteriormente os asistentes visitarán xunto aos membros do IEM, os petróglifos de …
{youtube width=”200″ height=”160″}JicAeY_XMEs{/youtube} Relato Xosé Lois Vilar Imaxes: Xilberte Manso e Bruno Centelles.
{youtube width=”200″ height=”160″}wgf6wAO1fuo{/youtube} Relato de Xosé Lois Vilar. Imaxes: Bruno Centelles e Xilberte Manso
Nova Xeira do Instituto de Estudos MiñoranosRematan con esta as Xeiras 2010 que organiza o IEM. A oitava rota deste verán lévanos ás terras enriba de SaiansPor Saiáns• Mércores, 25 de agosto de 2010• Hora: 22,00• Saída do Centro Cultural …
A Groba: da Gabiñeira a Chan da Lagoa.
• Mércores, 18 de agosto de 2010
• Hora: 18,00
• Saída de Chan da Lagoa, Baiona
• Guía: Xilberte Manso
Descrición da caza do lobo por Xilberte Manso de la Torre durante a Xeira “Noite de Estrelas e Lobos” e imaxes do percorrido. 11/08/2010.
Xeira que comeza co punto de encontro ás 22 h. do mércores 11 de agosto na Chan da Lagoa, no concello de Baiona. Hai que subir pola estrada da Virxe da Roca. Despois de xuntarnos todos, continuaremos en coche ata a Cruz de Pao, uns 11 km. Pica aquí para ver o mapa. Agora toca andar e ver o campo de mámoas antes de chegar ao Foxo Pedriño para escenificar a captura do lobo. Co lobo xa no foxo, metaforicamente falando, tocaralle a quenda as estrelas.
Un carreiro de estrelas esvara entre os piñeiros… É a Santa Compaña? Preguntan. Dende lonxe pouco se pode dicir. Temos que achegarnos. Un balbordo de voces indica que a Santa non é. Ela camiña silenciosa. Non tés que botarte ao chan. Non temas.Quérete levar, pero non ao cemiterio, se non a un sitio no que o tempo e o espazo conxugan o que foi có que é.