A ex Colexiata de Baiona, un dos monumentos senlleiros da arquitectura relixiosa no Val Miñor será o destino da vindeira Xeira do IEM. A mesma terá lugar o vindeiro mércores 28 de agosto ás 18 horas, con punto de encontro …
Un cura que a puro olfacto podían distinguir os corpos de náufragos fieis ou herexes; o roubo dun mascarón de proa coa talla dunha muller núa que rematou nunha igrexa como a Virxe do Carme; estas foron algunhas das historias que compartiu Quico Cadaval, durante a II Xeira Marítima do IEM, celebrada o pasado 20 de agosto.
Este mércores 10 de xullo terá lugar a primeira Xeira do Verán 2013 cunha visita guiada polas minas de ouro da Serra da Groba. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas. No percorrido imos ollar unha explotación aurífera romana: Os Buracos dos Mouros, e outras máis. Coñeceremos de primeira man a riqueza toponímica da serra, así como a biodiversidade que habita o enclave. Por certo, non fallarán referencias ás historias e lendas recollidas ao longo de séculos nestas terras do Miñor xunto coa contemplación das fermosas paisaxes da Groba e bisbarra que permiten os cumios da serra.