Dúas mesas redondas, unha reportaxe gráfica e máis unha excursión polo Alto do Galleiro, conforman o programa das “Xornadas contra a destrución da Serra do Galiñeiro Patrimonio Arqueolóxico”. As actividades darán comezo o vindeiro domingo 29 de maio ás 9 horas no Pazo de Mos, onde comezará a andaina ata O Alto do Galleiro a 749m de altitude.