O patrimonio marítimo e fluvial como recurso económico e de traballo; a historia da construción e uso das gamelas guardesas e coruxeiras ; os nomes do mar e as historias de naufraxios na costa miñorana, son algúns dos temas que formarán parte da Xornada divulgativa “A riqueza do patrimonio marítimo” a desenvolverse o vindeiro venres 16 de setembro no Centro Cultural O Torreiro de Priegue.