O movemento social “Pola protección da serra do Galiñeiro” organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro unhas xornadas co tema “Aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais” que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar). A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e o Morrazo é quen de acoller, unha vez máis, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e a comunidades de montes.