O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo invita ás Xornadas de Toponimia a celebrarse na Casa Galega da Cultura os días martes 14 e mércores 15 de decembro . Durante o evento terán lugar disertacións de expertos nas diversas áreas desta disciplina, presentación de traballos de campo e experiencias pedagóxicas. A Lección inaugural estará a cargo de Xosé Lois Méndez Ferrín, Presidente da Academia Galega da Lingua.