O próximo venres 22 de outubro comezarán as Xornadas O estudo da represión non primeiro franquismo, na provincia de Pontevedra. Estado da cuestión. As que se desenvolverán durante ese día e o sábado 23. As xornadas son abertas ao público en xeral, limitado só pola capacidade do local. Aínda así pregamos confirmación da asistencia por este motivo.
Deixamos a disposición dos interesados o programa temático das xornadas, así como un texto explicativo da obra “Historia Tricolores, ou como aqueles animaliños proclamaron a República”, de Cándido Pazó, que será representada polo autor o día da inauguración.
A cita é na Aula de Cultura ponte de Rosas, sede do IEM.