O membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos e técnico de edición, Xosé Manuel García Crego, veciño de Priegue, Nigrán, ven de recibir do Ministerio de Justicia , a Declaración de Reparación e Recoñecemento Persoal, expedida ao seu favor “en virtude do disposto no parágrafo 1 do artigo 4 da Lei 52/2007, de 26 de decembro (coñecida como Lei da Memoria Histórica), pola cal a democracia española honra aos que inxustamente padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura.”