O Departamento de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos comeza mañá as escavacións en O Cabrón, Concello de Arbo. O depósito contén un tesouro arqueolóxico de 150.000 anos que moi probablemente permitirá acceder aos restos tal cal o deixaron aqueles antigos habitantes de Galicia, dada as condicións xeolóxicas da zona.
Un carreiro de estrelas esvara entre os piñeiros… É a Santa Compaña? Preguntan. Dende lonxe pouco se pode dicir. Temos que achegarnos. Un balbordo de voces indica que a Santa non é. Ela camiña silenciosa. Non tés que botarte ao chan. Non temas.Quérete levar, pero non ao cemiterio, se non a un sitio no que o tempo e o espazo conxugan o que foi có que é.
O próximo venres 23 de xullo, ás 21:30 h., ímos a Xeira nocturna de Petróglifos de Monte Tetón. Ponto de encontro: Casa do concello de Tomiño. Guía: Xosé Lois Vilar Pica aquí por máis información
Punto de encontro: Tras Residencia Tempo Libre Patos 22h.
Guía: Xosé Lois Vilar
O próximo sábado 17 de xullo as, 22:30h. parte a Xeira Rupestre polos petróglifos de Tourón (Pontecaldelas), coa guía de Xosé Lois Vilar, dende o Centro Interpretación Arte Rupestre Tourón. Pica aquí para ver o programa.