O próximo mércores, 30 de xuño, as 20:30 h, na libraría LIBRAIDA (Rosalía de Castro nº 13, Gondomar) terá lugar a presentación do DICIONARIO DE ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA DE GALIZA (Edicións Nigratea) do que son autores Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo.
Venres 18 de xuño.
Ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)
Presentación do libro Catálogo Tipolóxico do Conto Galego de Tradición Oral. Clasificación, antoloxía e bibliografía da profesora Camiño Noia Campos.
Presenta: Xosé Ramón Mariño Ferro. Profesor titular de Antropoloxía Cultural da Universidade Santiago de Compostela