Aínda que esquecidas, Aurora Marco salientou a pegada que deixaron as mulleres da resistencia.
A escritora Aurora Marco salientou o esquecemento que durante moitos anos sufriu o papel xogado polas mulleres na historia do país, durante a derradeira TERTULIA do IEM, celebrada no marco do ciclo “Mulleres na Historia”. Nomeadamente, referiuse á situación das mulleres en xeral antes e durante a República, para logo describir a represión acaecida durante o franquismo, en particular sobre aquelas que tiveron participación na vida política, a resistencia ao golpe e especialmente as vinculadas á guerrilla en Galicia.
Aínda que esquecidas pola historiografía e os medios de comunicación, elas deixaron unha fonda pegada, aseguro a escritora. Xeito que demostrou cun resumo das súas pescudas amosadas no seu libro Mulleres na guerrilla antifranquista en Galicia, e posteriormente no documental As silenciadas, dirixido por Pablo Ces, e baseada no libro e no guión escrito por Marco.
A continuación deixamos o vídeo completo do faladoiro, onde Marco relata entre outras situacións, algúns casos senlleiros de mulleres que deberon pasar á clandestinidade, refuxiarse no exilio, ou foron vítimas directas da represión do réxime franquista. Tamén, no vídeo poderase mirar un anaquiño da película Las 13 Rosas e o documental As silenciadas.
A presentación da TERTULIA estivo a cargo da nosa compañeira do IEM,Pilar Barreiro.
TERTULIA do IEM coa escritora Aurora Marcos (09-03-2012)
Aula de Cultura Ponte de Rosas
{youtube}QdvoeQSW0i8{/youtube}