Ana Pontón nos Faladoiros Galicia 2017-2020: presente e futuros
Streaming ofrecido por K12 comunicación
O Instituto de Estudos Miñoráns convida aos interesados a asistiren este venres día 13 de xaneiro ás 20:00h ao primeiro faladoiro do ciclo < > no que intervirá a voceira parlamentaria do grupo político con representación no Parlamento Galego, Ana Pontón, do Bloque Nacionalista Galego.
O acto será presentado por Sandra González (Alcaldesa de Tomiño) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).
O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo. Gondomar
Este evento será transmitido en streaming coa colaboración de K12 Comunicación e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web do IEM e Facebook do IEM á hora sinalada.