“Que fixeches Periquete!”: Xurxo Souto na TERTULIA do IEM
Dende A Coruña veu Xurxo Souto que nos regalou o seu tempo nunha TERTULIA que puido xirar ó redor da música galega, ou sobre o mundo da radio pero decidiu que versase sobre o mar, das nosas mil ribeiras presentando o seu último libro Contos do mar de Irlanda editado por Xerais neste 2014 e que xa vai pola terceira edición.
Xurxo mantén a tese de que nós os terrícolas vivimos de costas ó mar. O mar da pesca de baixura pero tamén ós mares galegos de Terranova, O Gran Sol, África, As Malvinas, O Índico, …
O discurso centrouse nos mares de Irlanda con alusións á pesca do bacallau en Terranova. E cantamos guiados pola voz e o acordeón do artista:
{jathumbnail off}
Que fixeches Periquete!
Periquete que fixeches?
Pedazo de mamalón
quixeches tomar Saint Pierre
a estilo Napoleón
(J.L. Blach, 1960)
{youtube}j7gJCOoQ8Jk{/youtube}
Os nosos mares cheos de protagonistas: patróns, mariñeiros, cociñeiros, chos, maquinistas, engraxadores, peixes, cans, … Mariñeiros–poetas, mariñeiros–pintores.
Saímos da conferencia familiarizados con Bantry, Castletown, Saint Pierre et Miquelon, Galway, … pero tamén cos nomes do mar de Irlanda, talasonimia galega: A Cona da Vella, Os Tres Codillos, A Pistola, A Zapatilla, O Clítoris, …
Cantamos e rimos. E o coñac, o pementón, as cebolas, o cocido, … O arrastre, os embarres, o bou e a baca, as 200 millas, naufraxios, parellas, … Xa somos algo máis mariñeiros debido á magnífica presentación deste texto que tenta ser moitos proxectos como unha exposición de pinturas do maquinista de Bouzas Pepe Casal, ou animar a unha xuntanza das botas de Bueu de Riobó, ou a un irmanamento con Saint Pierre ou con Bantry.
Vámonos Milucho que temos o helicóptero enriba da testa!
{youtube}iYdlK1_Ho0w{/youtube}
MANOLITO O PESCADOR
Xa ó remate do relato, a cantiga e a música de Xurxo ofrecémoslle a presenza dun patrón de 64 anos, nacido en Coia e que traballou en Terranova (3 marés), no Gran Sol (12 días) e nas costas de África e As Malvinas (até 1990)
Manuel Fernández Vidal vive no Val Miñor e andou nos mares do Atlántico dende Groenlandia até As Malvinas. Narrounos as experiencias persoais, a evolución sicolóxica do persoal de a bordo, as condicións de traballo, as relacións humanas, as recaladas en Saint Pierre, Halifax, Saint Jonh, Post Stanlecy, Capetown, Walbays Bay, … E a Chata, Lourido, L’Étoile, O Stella Maris, o padre Caldeiradas e o P. Joseba Beobide, … O frío de Terranova, o calor de Namibia, os doris portugueses, …
“Eu facía de cura, de sicólogo, de médico de pago. O segundo oficial facía de médico de cabeceira, a pílula que el lle daba non lle facía nada ó paciente, á mesma pílula dada polo capitán curábao todo”.
{youtube}BRQ8GXM1Kvg&feature{/youtube}
Etiqueta:Xurxo Souto