Sés: “A muller roqueira con alma de pandereteira”
Un intre escoitando a Sés é suficiente para deixar coa boca aberta a calquera. A potencia da voz sumada á fondura das conviccións transmiten algo especial na súa arte: credibilidade. Pouco tempo estivo sentada durante o faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, tan só o suficiente para que Bieto Legaspi a presentara como “A muller roqueira con alma de pandereteira” e fixera un resumo da súa traxectoria. Escolma na que o presentador non ocultara o feitizo que a voz desta moza de A Coruña provocoulle a primeira vez que a escoitou e que o fixo percorrer media Galicia na procura do seu primeiro disco.
Xa en pé, as cantigas brotaron a capela ou acompañadas por unha guitarra que debuxaba no ar melodías de blues ou rock, mais sempre co cuño da terra e a sociedade ca inspira. Falou de compromisos e traizóns que ao longo do tempo déronse no ámbito da cultura coa realidade das xentes do país. Acreditou o por que da irmandade entre os sons e cantigas xurdidas dos campos escravistas de América e os de aquí. Afirmou o seu interese por facer cancións que reflictan o sentir dos homes e mulleres desta Galicia, a do paro, os complexos lingüísticos e a mirada sempre diminuída das súas fortalezas.
A TERTULIA do IEM con Sés rematou porque “xa non eran horas” e esperaba o habitual encontro no Pazo da Escola de Mañufe, onde a cea corría perigo de morrer de frío. Por iso, para os que asistiron e quedaron con gañas e os que non puideron achegarse o pasado venres 13 de decembro pola sede do IEM, achegamos o vídeo do faladoiro.

{youtube}M7CX6CSuzsE&list=HL1387410066&feature=mh_lolz{/youtube}
Etiqueta:Sés