Comeza a 11ª tempada das TERTULIAS do IEM (2012 – 2013).
– O primeiro dos faladoiros terá lugar o vindeiro venres 9 de novembro coa presenza do atleta Francisco Javier Gómez Noia e o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva.
Este mes de novembro dará comezo a onceava tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM. Unha vez mais o novo ciclo será diverso na súa temática e terá como novidade a inclusión de dúas mesas redondas que analizarán novas perspectivas no sector rural. Como é costume os faladoiros terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).
O novo ciclo de faladoiros abranguerá dende a situación do deporte olímpico en Galicia (Francisco Javier Gómez Noia – Francisco Villanueva), as realidades e perspectivas do sector do viño (mesa: Evaristo Rodríguez, Xosé María Fonseca Moretón e Arsenio Paz), a xustiza (Esther González Pillado), o debuxo (Miguel Anxo Prado), a agricultura ecolóxica (mesa con Roberto de Facenda O Agro, Luis de Arqueixal e Ricardo da Horta do Val), o teatro (Mónica Camaño) a fotografía (Vitor Vaqueiro Foxo) e a música (Mini e Mero). Coidamos que esta multiplicidade temática é novas estruturas dos faladoiros resulten nun especial atractivo desta tempada 2012-2013 das TERTULIAS do IEM.
Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor.org
Etiqueta:calendario tertulias