Faladoiro sobre “A Mediación Familiar”, coa profesora Esther González Pillado nas TERTULIAS do IEM.
Este venres, 11 de xaneiro, TERTULIA do IEM coa catedrática de Dereito Procesual da Universidade de Vigo, Esther González Pillado, encargada do recentemente creado Servizo de mediación familiar en Vigo. O faladoiro terá xustamente por título “A Mediación Familiar”. A profesora Esther González Pillado será presentada polo avogado e veciño de Morgadáns, Xaime Luxilde.
Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 11 de xaneiro de 2013 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico direccion@minhor.org, ata o xoves 10 de xaneiro ás 22 horas.
Etiqueta:A Mediación familiar, tertulias do iem