Fermín Bouza Álvarez pon o ramo ás Tertulias do IEM deste curso
A última das TERTULIA DO IEM deste cursos terá lugar o próximo venres 11 de xuño. Para rematar o ciclo estará con nós o catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid *Fermín Bouza Álvarez*. A súa charla leva por título */Galicia de perto e de lonxe/. O noso convidado será presentado polo profesor Manuel Sanseveriano. Fermín Bouza Álvarez é unha vítima da diáspora galega da década dos sesenta, unha afirmación que el mesmo asume cando afirma : «Pecháronnos as portas dos traballos e tivemos que marchar». Como consecuencia desta emigración forzosa, Bouza Álvarez asentouse profesionalmente en Madrid como catedrático da Universidade Complutense.
E no mundo das novas tecnoloxías e da comunicación multimedia, o feito que este autor dispoña do blog *El voto con botas* (escrito en castelán) e no que fai unha defensa a ultranza de Galicia e do galego, foi considerado como exemplo de «compromiso co país» cando lle concederon hai uns días o Pedrón de Ouro en defensa da lingua galega.
A súa extensa obra como sociólogo podédela consultar en http://dialnet.unirioja.es/
É tamén autor dunha importante obra de creación en galego:
· /Memoria do Diaño/, 1980 (novela en galego)
· /O tempo na auga/, 1985 (poemario en galego)
· /Longo voo de paxaro/, 1987 (narrativa en galego)
· /Labirinto de inverno/, 1990 (poemario en galego
Podedes consultar máis información sobre o noso convidado en
*http://www.anosaterra.org/
*http://revistas.ucm.es/fll/
*http://revistas.ucm.es/fll/
E non deixedes de visitar o seu blog* http://votoconbotas.
Como é costume o faladoiro dará comezo ás 20:30h. na AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar) e a asistencia é libre.
Ao remate do mesmo haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe. Para asistir á mesma é necesario facer reserva, polo que os/as interesados/as poden facelo no 986 36 05 75 (polas tardes) ou ben no 680 644 490 ou ben en resposta a este correo