Nova TERTULIA do IEM: Mesa sobre Agricultura Ecolóxica.
César Lema (biólogo especializado en agricultura e permacultura) e Roberto Álvarez (Facenda O Agro) analizarán a realidade da agricultura ecolóxica así como as súas perspectivas no que será o quinto faladoiro das TERTULIAS do IEM da tempada 2012-2013. O acto terá lugar este venres 1 de marzo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo, Gondomar). Os convidados serán presentados por Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM.
Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coas persoas convidadas que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe (Gondomar) á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza antes do xoves 28 de febreiro ás 21 horas, no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor.org

Etiqueta:AGricultura Ecolóxica